viernes, 10 de marzo de 2017

REGUEIROS DO TEMPO


Fontes vellas e prados longos,
pasales esquecidos nas silveiras,
lume eterna baixo do pote
na lareira dos contos e das lendas.

Graneiras onde medra a hedra,
lindeiros dos canteiros sen nome
cubertos de feitizos e do musgo
dos nosos días de cativos.

Castiñeiros coas follas secas,
herba húmida nas leiras,
cabezóns que bogan na corrente,
zapateiros camiñantes das augas.

Pan na artesa,
fariña na maquía,
carozos no pendello,
palleiros dourados nas eiras.

Sol que brila nos regueiros,
mulleres segando nos prados
con fouciños de prata
afiados no esmeril antergo.

Nenos fumos e nenos somos
no regato das lembranzas,
no fungar da choiva no Novembro,
no canto co solpor do cuco,
no chorar na noite das mouchas.

Sempre cativos, sempre nenos,
na inquedanza e na presenza
da memoria que esmorece
tinguindo os ollos co luar
camiñando á nosa beira.



No hay comentarios:

Publicar un comentario